
Os usuarios de internet de todo o mundo serán capaces de axudar aos astrónomos e ás astrónomas profesionais na procura de planetas similares á Terra, grazas a un novo proxecto científico online chamado Planet Hunters (Cazadores de Planetas), no que pode participar o público.Esta iniciativa foi posta en marcha hai pouco tempo en www.planethunters.org e servirá para que se teña a axuda das persoas voluntarias para analizar os dados reunidos pola misión Kepler da NASA. O telescopio espacial estivo procurando planetas ubicados fora do noso sistema solar (os denominados exoplanetas) dende o seu lanzamento no Marzo do 2009.Entre os impulsores do proxecto figuran os astrónomos Kevin Schawinski, Debra Fischer e Meg Schwamb, da Universidade de Yale.Supónse que a misión Kepler cuadruplicará o número de planetas achados nos últimos 15 anos.
Ademais, debido á gran cantidade de datos que agora están dispoñibles grazas á misión Kepler, los astrónomos recurren aos ordenadores para que estes axuden a ordenalos e a identificar posibles planetas. Mais os ordenadores só son bos para atopar as cousas específicas para as que son deseñados, mentres que o cerebro humano ten a capacidade de recoñecer patróns inesperados e inmediatamente detectar o que é extraño ou único, moito mellor do que podemos ensinar ás máquinas.Cando os usuarios de Planet Hunters inician unha sesión na web do proxecto, pídeselles que respondan a unha serie de preguntas simples sobre unha das curvas de luz das estrelas (un gráfico que mostra a cantidade de luz emitida pola estrela ao longo dun periodo de tempo) para axudar aos astrónomos da Universidade de Yale a determinar se a reiteración da luz indicaría a presenza dun posible exoplaneta.
Brais Prieto Moure
1ºD
É unha moi boa iniciativa por parte da
ResponderEliminarnasa para a xente que lle interese, poder
axudar.
Fabio Pereira Tajes 1-D