
O «adestramento n-back» mellora a capacidade de resolver novos problemas.
Nin sudokus, nin música de Mozart, nin autodefinidos nin o último en complicados xogos electrónicos. Cientificos afirman que o mellor xeito de adestrar ao noso cerebro para aumentar a nosa intelixencia é realizando un exercicio chamado adestramento n-black.
A súa práctica 20 minutos diarios durante 20 días mellora os resultados nunha proba de intelixencia. Ao parecer, aumenta a capacidade de razoar e de resolver novos problemas, unha melloría que se prolonga polo menos durante tres meses.
Este exercicio mental utiliza unha función do cerebro coñecida como memoria de traballo, a capacidade de reter a información de forma activa a pesar de que se produzan distraccións ou interferencias nunha tarefa. Outro grupo de investigadores hai pouco suxeriu a relación deste tipo de memoria cos numerosos esquecementos que sofren as persoas maiores cando, por exemplo, son incapaces de recordar que estaban facendo se, por calquera causa, son interrompidos ou se lles propón outra tarefa.
Os novos estudos tamén inclúen probas con nenos que mostran o mesmo tipo de efecto do adestramento co uso de versións de n-track en videoxogos.
Diana Orosa 1ºD
Esta noticia paréceme moi interesante, xa que é un bo método para aumentar a intelixencia sen necesidade de usar substancias químicas como estamos cansados de ver en películas e series subrealistas. Creo que ata deberían fomentar o uso deste exercicio en colexios ou institutos.
ResponderEliminarRaquel Vaamonde 1ºBach D