2011 é o Ano Internacional da Química, a celebración a nivel mundial dos logros da Química e a súa contribución ao benestar da Humanidade.
A declaración de 2011 como Ano Internacional da Química é unha iniciativa da IUPAC (Unión Internacional de Química Pura e Aplicada, nas súas siglas en inglés) e a UNESCO, e foi decretada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas o 30 de decembro de 2008.

O ano 2011 coincide co centenario do Premio Nobel de Química outorgado a Marie Curie e da fundación da Asociación Internacional de Sociedades Químicas. A conmemoración salienta a contribución da química como ciencia creativa esencial para mellorar a sustentabilidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esenciais da Humanidade, como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía ou o transporte.
Ao longo de 2011 celebraranse en todo o mundo actividades conmemorativas do Ano Internacional da Química, que incidirán en diversos ámbitos e estarán dirixidas a públicos de todas as idades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario