BIENVENUS À CONSCIENCE

Bonjour à toutes et à tous.
Ce blog est un lieu de rencontre pour les étudiants de secondaire, de la section bilingue - matière physique-chimie- de l´
IES de Sar de Santiago de Compostela (Galice, Espagne).Un espace dans lequel les élèves de 3º et 4º de la ESO commentent des nouvelles en relation avec la science qu´ils trouvent en langue française.
Tous les commentaires et collaborations sont les bienvenus.



Ola a todas e todos.

Este Blogue é un lugar de encontro para os estudantes de secundaria da Sección Bilingüe en Francés, na materia de Física e Química do IES de Sar de Santiago de Compostela (Galicia).

Nel as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO comentan certas novas relacionadas coa ciencia que atopan en lingua francesa.

Todos os comentarios e colaboracións son moi benvidos.


Mostrando entradas con la etiqueta QUIMICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta QUIMICA. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de enero de 2011

APLICACIÓNS DO GRAFENO

O último Premio Nobel de Física foi concedido aos científicos de orixe rusa Andre Geim e Konstantin Nolosov que están a traballar no Reino Unido. No seguinte clip que podemos atopar en Youtube podemos ver as asombrosas apliacións que nun futuro non moi lonxano poderá ter este material.

martes, 4 de enero de 2011

2011. Ano Internacional da Química



2011 é o Ano Internacional da Química, a celebración a nivel mundial dos logros da Química e a súa contribución ao benestar da Humanidade.
A declaración de 2011 como Ano Internacional da Química é unha iniciativa da IUPAC (Unión Internacional de Química Pura e Aplicada, nas súas siglas en inglés) e a UNESCO, e foi decretada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas o 30 de decembro de 2008.
Baixo a Lema “Chemistry: our life, our future” (“Química – a nosa vida, o noso futuro”), as metas desta conmemoración son: incrementar a apreciación pública da Química como ferramenta fundamental para satisfacer a necesidade da sociedade, promover o interese pola química entre os mozos, e xerar entusiasmo polo futuro creativo da química.
O ano 2011 coincide co centenario do Premio Nobel de Química outorgado a Marie Curie e da fundación da Asociación Internacional de Sociedades Químicas. A conmemoración salienta a contribución da química como ciencia creativa esencial para mellorar a sustentabilidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esenciais da Humanidade, como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía ou o transporte.
Ao longo de 2011 celebraranse en todo o mundo actividades conmemorativas do Ano Internacional da Química, que incidirán en diversos ámbitos e estarán dirixidas a públicos de todas as idades.