
Parece que por fin atopan a solución a un problema que preocupa ás axencias de seguridade alimentaria dende fai anos. Un equipo de investigadores patentou un produto de orixe natural que reduce ata un 98% a presenza de dous compostos potencialmente cancerígenos, acrilamida e hidroximetilfurfural, nos alimentos. De aplicación sinxela -só fai falta un vaporizador. O modo de emprego do produto é sinxelo. Aplícase na superficie dos alimentos antes de cociñalos, que é onde se forma a maior parte da acrilamida e do hidroximetilfurfural. O consumidor final pode aplicalo mediante spray. É a primeira vez que os científicos conseguen inhibir simultaneamente ambas as sustancias , estas son sustancias son cancerigenas e polo tanto un motivo de preocupación na actual sociedade.
Lorena Rey Castro 1º Bach D
Esta noticia é moi interesante polo simple feito de que podería reducirse o número de persoas con cancro, unha das enfermidades máis presente na nosa sociedade, non deixa de ser un avance para a ciencia e a medicina, e un punto máis nesta loita constante contra o cancro.
ResponderEliminarLorena Puente 1ºD
Pareceme unha innovacion moi interesante e que pode axudar moito a humanidade, xa que todos os avances relacionados coa comida e a diminución dos cancros son unha mellora na vida cotiá.
ResponderEliminarComentado por: Ismael Rodríguez Cea