BIENVENUS À CONSCIENCE

Bonjour à toutes et à tous.
Ce blog est un lieu de rencontre pour les étudiants de secondaire, de la section bilingue - matière physique-chimie- de l´
IES de Sar de Santiago de Compostela (Galice, Espagne).Un espace dans lequel les élèves de 3º et 4º de la ESO commentent des nouvelles en relation avec la science qu´ils trouvent en langue française.
Tous les commentaires et collaborations sont les bienvenus.



Ola a todas e todos.

Este Blogue é un lugar de encontro para os estudantes de secundaria da Sección Bilingüe en Francés, na materia de Física e Química do IES de Sar de Santiago de Compostela (Galicia).

Nel as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO comentan certas novas relacionadas coa ciencia que atopan en lingua francesa.

Todos os comentarios e colaboracións son moi benvidos.


miércoles, 8 de junio de 2011

O EXERCICIO MENTAL QUE DE VERDAD AUMENTA A INTELIXENCIA.


O «adestramento n-back» mellora a capacidade de resolver novos problemas.
Nin sudokus, nin música de Mozart, nin autodefinidos nin o último en complicados xogos electrónicos. Cientificos afirman que o mellor xeito de adestrar ao noso cerebro para aumentar a nosa intelixencia é realizando un exercicio chamado adestramento n-black.
A súa práctica 20 minutos diarios durante 20 días mellora os resultados nunha proba de intelixencia. Ao parecer, aumenta a capacidade de razoar e de resolver novos problemas, unha melloría que se prolonga polo menos durante tres meses.
Este exercicio mental utiliza unha función do cerebro coñecida como memoria de traballo, a capacidade de reter a información de forma activa a pesar de que se produzan distraccións ou interferencias nunha tarefa. Outro grupo de investigadores hai pouco suxeriu a relación deste tipo de memoria cos numerosos esquecementos que sofren as persoas maiores cando, por exemplo, son incapaces de recordar que estaban facendo se, por calquera causa, son interrompidos ou se lles propón outra tarefa.
Os novos estudos tamén inclúen probas con nenos que mostran o mesmo tipo de efecto do adestramento co uso de versións de n-track en videoxogos.
Diana Orosa 1ºD

1 comentario:

  1. Esta noticia paréceme moi interesante, xa que é un bo método para aumentar a intelixencia sen necesidade de usar substancias químicas como estamos cansados de ver en películas e series subrealistas. Creo que ata deberían fomentar o uso deste exercicio en colexios ou institutos.
    Raquel Vaamonde 1ºBach D

    ResponderEliminar