BIENVENUS À CONSCIENCE

Bonjour à toutes et à tous.
Ce blog est un lieu de rencontre pour les étudiants de secondaire, de la section bilingue - matière physique-chimie- de l´
IES de Sar de Santiago de Compostela (Galice, Espagne).Un espace dans lequel les élèves de 3º et 4º de la ESO commentent des nouvelles en relation avec la science qu´ils trouvent en langue française.
Tous les commentaires et collaborations sont les bienvenus.



Ola a todas e todos.

Este Blogue é un lugar de encontro para os estudantes de secundaria da Sección Bilingüe en Francés, na materia de Física e Química do IES de Sar de Santiago de Compostela (Galicia).

Nel as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO comentan certas novas relacionadas coa ciencia que atopan en lingua francesa.

Todos os comentarios e colaboracións son moi benvidos.


jueves, 16 de junio de 2011

PINGÜÍNS, GOLFIÑOS E OUTROS MAMIFEROS APARECEN MORTOS NAS COSTAS DE URUGUAI


PINGÜÍNS, GOLFIÑOS E OUTROS MAMIFEROS APARECEN MORTOS NAS COSTAS DE URUGUAI



Centos de exemplares, principalmente pingüíns, golfiños e lobos mariños foron atopados mortos na praia. As autoridades locais investigan a aparición de bolsas dun potente pesticida encontradas nas praias de Piriapolis.

"Hemos encontrado muertos a pingüinos Magallanes, en la costas de Maldonado, Rocha y Canelones", informou Lourdes Casas, veterinaria responsable da ONG Sociedade para a Conservación da Biodiversidade de Maldonado (Socobioma).

"Non teñen petróleo, son animais que aparentemente están en bo estado, están gordos, pero cando saen da auga, en menos de 24 horas, morren", engadiu a veterinaria. "Dende hai algún anos aparecen pingüíns mortos sen petróleo e de curta idade, cada ano aparecen máis".


Brais Prieto Moure 1ºD

2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Este e outro exemplo da pouca consideración co medio ambiente no que pouco a pouco nos está a levar a un estado catastrófico todas estas consecuencias anse de notar bruscamente durante os vindeiros anos.

    Jose Manuel Vázquez Filgueira

    ResponderEliminar