BIENVENUS À CONSCIENCE

Bonjour à toutes et à tous.
Ce blog est un lieu de rencontre pour les étudiants de secondaire, de la section bilingue - matière physique-chimie- de l´
IES de Sar de Santiago de Compostela (Galice, Espagne).Un espace dans lequel les élèves de 3º et 4º de la ESO commentent des nouvelles en relation avec la science qu´ils trouvent en langue française.
Tous les commentaires et collaborations sont les bienvenus.



Ola a todas e todos.

Este Blogue é un lugar de encontro para os estudantes de secundaria da Sección Bilingüe en Francés, na materia de Física e Química do IES de Sar de Santiago de Compostela (Galicia).

Nel as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO comentan certas novas relacionadas coa ciencia que atopan en lingua francesa.

Todos os comentarios e colaboracións son moi benvidos.


lunes, 28 de febrero de 2011

Animais encollidos?


Un novo estudo realizado na Universidade da Florida e da Universidade de Yale revelou que o quentamento global podería causar que especies de mamíferos carnívoros "encollan" no futuro, como aconteceu 55 millóns anos atrás.

Adrián Mata Garabal
ler mais

domingo, 27 de febrero de 2011

AS SERPES NON TEÑEN PATAS, PERO OS SEUS ANTEPASADOS SÍ


As serpes non teñen patas, pero os seus antepasados sí, aseguran os científicos. Uns din que evolucionaron a partir de lagartos terrestres e outros que o fixeron a partir de lagartos mariños. Un novo estudo de fósiles de serpes de fai 95 millones de anos votou luz sobre este debate e o inclina hacia a banda dos lagartos terrestres.

Ler maís...








Fabio Pereira Tajes 1-D

sábado, 26 de febrero de 2011

MEDALLA DE OURO Á INVESTIGACIÓN PARA UN ESPAÑOL































Este valenciano é un bioquímico experto en enzimoloxía, xa antes galardonado co Premio Príncipe de Asturias de investigación científica e técnica, en 1990. A súa vocación investigadora consolidouse nas Universidades de Chicago, Wisconsin e Kansas sendo profesor de Bioquímica e Bioloxía molecular.

Preme aquí para saber algo máis.

Noelia Pena Monteagudo CCMC - 1ºBach D

viernes, 25 de febrero de 2011

CIENTIFICOS AMERICANOS CONSEGUEN FACER INVISIBLES OS OBXECTOS


Na última clase de ciencias o profesor falounos dun tema bastante importante , e como non é moi habitual, pois foi unha gran sorpresa ou broma? .

É un dos grandes soños do ser humano , algo imposible... que agora está mais cerca de convertirse en posible... ainda que parezca increible porque un grupo de científicos estaudinenses que traballan con financiación do Pentágono conseguiron un material que fai que a luz esquive obxectos tridimensionais facendoos invisibles según informa a revista "Nature".
O material creado por científicos da Universidad de Berkeley e dol Lawrence Berkeley Laboratory (California) , non se obten de forma natural senón que creouse gracias a nanoingeniería , que traballa a unha escala medida en milmillonésimas de metro.
Os metamateriales son estructuras desarrolladas artificialmente e que teñen propiedades como un índice de refracción da luz negativo das que carecen os materiais naturais.

Jason Valentine, Xian Zahan e outros colegas da citada universidade crearon unha estructura de múltiples capas en forma de rede que teñen claramente esa propiedade.
Dado que a luz non a absorbe nin a reflexa do obxecto , éste vólvese de feito invisible. A investigación foi financiada pola secretaría de Defensa de EEUU , que podería facer un uso militar de este material. Con el poderían chegar a camuflarse algún día os avións ou carros de combate.
Según os científicos «estamos máis cerca de facer posible un manto de invisibilidad o haber demostrado que con ese novo material pódese doblegar a luz a nosa voluntade»
John Pendry, profesor de física teórica do Imperial College londinense, falou fai algún tempo da posibilidade de desarrollar metamateriales capaces de desviar e controlar a luz para ocultar a vista un obxecto.
Curioso, verdade?
Máis documentación , prema aquí.
SILVIA CASTRO 1º BACH D

EN HACER INVISIBLES LOS OBJETO

UN ANEL XIGANTE DE BURATOS NEGROS


O espectacular fenómeno produciuse a 430 millóns de anos luz de distancia tras a colisión de dúas galaxias.

Trátase dun anel de fábula mais alá da imaxinación de calquera home ou muller de este planeta.
De feito , o anel non é deste mundo , xa que se formou moi lonxe de aquí , a 430 millóns de anos luz de distancia. Por suposto , non está feito de diamantes ... senón de buratos negros.
Trátase en realidade de dous lexanas galaxias interactuando entre si.
Chámanse ARP 147 e foron fotografiadas por dous dos mellores telescopios espaciais de que dispoñemos: o Hubble , que captou imaxes ópticas do espectáculo ; e a Chandra , que fixo o mesmo, pero co rango dos raios X.

LORENA REY CASTRO 1ºBACH. D


jueves, 24 de febrero de 2011

Confirmado, o exercicio regular frea o envexecemento

Ratos sometidos a unha actividade moderada mantéñense sorprendentemente xóvenes, mentres se atrofian os órganos dos seus compañeiros sedentarios.

Adriana Iglesias 1ºD CCMC

martes, 22 de febrero de 2011

Solución a calvicie


O remedio contra a calvicie podería chegar por unha casualidade. Un grupo de médicos da Facultade David Geffen, na Universidade de California en San Francisco (UCLA), traballaba en como a tensión afecta á función gastrointestinal e, sen esperalo, atopou un composto químico que induce o crecemento capilar; a molécula actúa inhibindo unha hormona asociada á caída de cabelo por tensión.

O achado publicouse en PLoS One."O noso traballo mostra, en modelo murino de tensión crónica, que un tratamento de curta duración con este composto pode producir o recrecimiento de pelo", expón Million Mulugeta, profesor de enfermidades dixestivas en UCLA, que considera que isto podería abrir novas vías de tratamento da alopecia en humanos, mediante a modulación dos receptores da hormona da tensión.

En especial, a estratexia podería ser útil na perda de cabelo por tensión crónica e envellecemento.Os científicos probaron a molécula en ratos xeneticamente alterados para sobreproducir factor liberador de corticotropina (CRF).

Un grupo do Instituto Salk sintetizou o composto, o péptido astresina B, e describiu a súa capacidade para bloquear ao CRF.Nun inicio, os investigadores estudaban o efecto do bloqueo do factor na función gastrointestinal dos ratos con tensión crónica, que perderan pelo. Aos tres meses déronse conta de que non podían distinguir os ratos tratados dos non transxénicos, empregados como controis. O tratamento repoboara de pelo aos animais.

Un dato reseñable do traballo é a curta duración do tratamento: con só unha inxección diaria durante cinco días consecutivos mantívose o efecto durante catro meses (a vida media deste tipo de animais non supera os dous anos). Agora haberá que investigar se isto é extrapolable ás persoas.

Feito por: Ismael Rodríguez Cea

BUSCAR DENDE CASA PLANETAS DE OUTROS SISTELAS SOLARES.


Os usuarios de internet de todo o mundo serán capaces de axudar aos astrónomos e ás astrónomas profesionais na procura de planetas similares á Terra, grazas a un novo proxecto científico online chamado Planet Hunters (Cazadores de Planetas), no que pode participar o público.Esta iniciativa foi posta en marcha hai pouco tempo en www.planethunters.org e servirá para que se teña a axuda das persoas voluntarias para analizar os dados reunidos pola misión Kepler da NASA. O telescopio espacial estivo procurando planetas ubicados fora do noso sistema solar (os denominados exoplanetas) dende o seu lanzamento no Marzo do 2009.Entre os impulsores do proxecto figuran os astrónomos Kevin Schawinski, Debra Fischer e Meg Schwamb, da Universidade de Yale.Supónse que a misión Kepler cuadruplicará o número de planetas achados nos últimos 15 anos.
Ademais, debido á gran cantidade de datos que agora están dispoñibles grazas á misión Kepler, los astrónomos recurren aos ordenadores para que estes axuden a ordenalos e a identificar posibles planetas. Mais os ordenadores só son bos para atopar as cousas específicas para as que son deseñados, mentres que o cerebro humano ten a capacidade de recoñecer patróns inesperados e inmediatamente detectar o que é extraño ou único, moito mellor do que podemos ensinar ás máquinas.Cando os usuarios de Planet Hunters inician unha sesión na web do proxecto, pídeselles que respondan a unha serie de preguntas simples sobre unha das curvas de luz das estrelas (un gráfico que mostra a cantidade de luz emitida pola estrela ao longo dun periodo de tempo) para axudar aos astrónomos da Universidade de Yale a determinar se a reiteración da luz indicaría a presenza dun posible exoplaneta.

Brais Prieto Moure
1ºD

MÁIS NEGRO QUE O NEGRO!

Unha equipa de enxeñeiros da NASA está realizando actualmente un material máis escuro que a propia cor negra e que vai axudar a que os científicos consigan realizar medicións ou observacións de obxectos astronómicos que son difíciles ou mesmo imposibles de diferenciar coma, por exemplo, planetas semellantes á Terra en órbita ao redor doutras estrelas.O material ultraescuro, baseado na nanotecnoloxía, está sendo desenvolto por unha equipa de dez expertos do Centro Goddard de Voos Espaciais da NASA, en Greenbelt, Maryland.Trátase dun fino envoltorio de nanotubos de carbono de parede múltiple, uns tubos ocos de carbono puro, aproximadamente 10.000 veces máis finos do que un cabelo humano. Os nanotubos teñen unha multitude de usos potenciais, particularmente na electrónica e no campo dos materiais avanzados, grazas as súas propiedades eléctricas únicas e á súa extraordinaria robustez. Mais nesta nova aplicación, a NASA está interesada na utilización da nanotecnoloxía para axudar a suprimir a luz errante que interfire nas medicións feitas con instrumental óptico.
O material é dez veces mellor que a pintura negra utilizada de forma habitual polos deseñadores de instrumentos da NASA para eliminar a luz errante e logra a súa utilidade grazas á súa estrutura:Os nanotubos son colocados verticalmente e estes absorben nin máis nin menos que o 99,5% da luz que incide neles.Polo que son reflectidos moi poucos fotóns, co resultado final de que a luz errante non pode reflectirse nin interferir coa luz que os científicos queren medir. O ollo humano ve o material coma o negro porque só unha minúscula fracción da luz é reflectida.

Brais Prieto Moure 1ºD

Máis información en : Scitech News

lunes, 21 de febrero de 2011

BrainDriver - a mind controlled car

Cientificos de berlin deron un gran paso no desenvolvemento dunha tecnoloxía comprobada que podese

dirixir un coche coa mente.

De acordo con funcionarios do proxecto explicou que, é só unha proba de concepto con algúns fallos, e ainda que non imos ver este tipo de coches en movemento polas rúas, polo menos no

futuro próximo.

Pero, representa unha innovación interesante e case peculiares aos filmes que vemos de ciencia ficción como a dirección do vehículo é controlada polos pensamentos do condutor a través dunha serie de sensores de ondas cerebrais.

Estes sensores foron capaces de detectar e distinguir as ondas bioelétricas do pensamento do condutor cando virar á esquerda ou á dereita, acelerar ou frear.

Para facer o movemento do vehículo, os investigadores usaron un coche controlado por ordenador e desenvolveu unha interface para ligar o controlador, de xeito que o coche "obedecer" as ordes e trasladouse a mesma dirección que estaba pensando.

Obviamente este é un experimento realizado nunha área segura e ten os seus defectos, xa que, por exemplo, hai "un lixeiro atraso entre a orde ea resposta dada coche", explicou un dos investigadores sobre a BrainDriver proxecto. vemos como a ciencia nos mostras mais un avance do futuro e que sin ningunha duvida teremos un futuro dos filme.

Zokela Panzo 1ºD Bach

domingo, 20 de febrero de 2011

A Nasa capta unha explosión solar

O pasado 13 de febreiro a Nasa (captou a imaxe dunha gran explosión solar. Aunque os astronomos creen que algunhas partículas do plasma resultante da xigante de alcanzar o campo magnético da Terra ao longo do día 15 de febreiro,aunque non cren que sexa peligroso. Sen embargo, sera unha boa ocasión para que os habitantes das rexión polares podan disfrutar de auroras no ceo.

Según a Nasa o pasado domingo se detectou un flash de radiación ultravioleta na superficie do Sol maís intensa do ano. A forte explosión provocou unha eyección de masa coronal rápida pero non partícularmente brillante.

As chamadas tormentas solares son observadas con gran interés pola comunidade científica xa que a súa intensidade é en ocasions poden chegar a afectar os sistemas de comunicacións e de enerxía terrestre.
Lourdes Fosado Vázquez 1.bac D C.M.C

jueves, 17 de febrero de 2011

O GORILA MOSTRA DE EVOLUCION

Nun zoo de Inglaterra, Ambam un gorila que ten 21 anos, ten a capacidade de camiñar ergueito como as persoas, incluso durante o tempo que el queira. Segundo a xente que coida del, Ambam erguese e vai camiñando ata eles para que lle den a comida antes que os demais.
Haberá posibilidades de que os gorilas cheguen daqui a miles de anos a comportase como as persoas? o sexa, ser animais racionais?...
Zokela Panzo 1ºD bach

lunes, 7 de febrero de 2011

LÁGRIMAS DE SANGUE


Calvino é un rapaz cunha extraña enfermidade a cal lle provoca segregar lágrimas de sangue.
A nai do rapaz levouno a centros especializados para que estudasen o caso e lle buscasen unha solución pero ata agora os especialistas non puideron resolver a curiosa situación de Calvino, aínda que intúen que talvéz esté relacionada con algún tumor, problemas no conducto lágrimal ou algún defecto xenético.

Diana O.R. 1ºD C.C.M.C.

viernes, 4 de febrero de 2011

EUROPA PORÁ UN ROBOT EN MARTE NO ANO 2011

El director de la Agencia Europea Espacial (ESA), Jean-Jacques Dordain, anunció en Berlín al término de la reunión de ministros de esta organización que “los europeos aterrizarán en 2011 en la superficie del planeta Marte”.
ExoMarsLos ministros de ESA dieron hoy luz verde a una nueva misión robótica en Marte, que se llamará “ExoMars“, para explorar la superficie de Marte, utilizando para ello un robot móvil.
El objetivo de la misión es no sólo aterrizar en 2011 en la superficie del llamado Planeta Rojo, sino “también tomar muestras”, precisó Franco Bonacina, portavoz de esta organización.
La ESA buscará en el Planeta Rojo “rastros de vida pasada y presente en la superficie marciana, determinar en varios puntos de Marte la composición geoquímica y la distribución del agua, mejorar los conocimientos sobre medioambiente y geofísica y antes de aterrizar identificar posibles amenazas”, precisa la ESA.

Esta misión prevé colocar un vehículo con ruedas de 240 kilos en la superficie de Marte para buscar la existencia de vida a dos metros por debajo de las superficie marciana.
Sin embargo, “ExoMars” no traerá todavía muestras de la superficie de Marte a la Tierra para su análisis detallado. Este tipo de misión es, según la ESA, demasiado complejo para ser realizado por un sólo país o por una sola agencia espacial. La NASA planea una misión de este tipo en 2016.
Diana O. M. (1º BAC)

miércoles, 2 de febrero de 2011

PRODUCIR AUGA EN ZONAS ÁRIDAS





O proxecto Water Vapor é un enxeñoso sistema, presentado en IIDA, que permite crear zonas óptimas para o cultivo en rexións áridas onde as condicións climáticas non permiten o crecemento de plantas vexetais.
Trátase dun artefacto que utiliza a radiación solar e o potencial eólico como fontes de enerxía para producir auga en desertos mediante a condensación de auga extraida da humidade do aire.

Adrián Mata Garabal
CCMC- 1º BAC-D

ver mais


martes, 1 de febrero de 2011

PRIMEIRA VACINA EFICAZ CONTRA A SIDA

Tras 20 anos de ensaios fracasados, unha vacina contra o sida mostrase capaz de previr o 30% dos contaxios. Como o VIH infecta cada dia a 7.500 persoas no mundo, incluso esta modesta proteción podería aforrar 2.500 contaxios diarios. Os obstaculos son todavía formidables, sen embargo, tanto expertos como a industria preven "varios anos" de investigación e discusión antes da aprobación dunha vacina, que ademais non será esta, probablemente. pero todos eles vena como unha proba de principio e como un enorme estímulo.

Miguel Giadás Quintela CCMC- 1º BAC-D
(para ver a noticia completa, preme aqui)