BIENVENUS À CONSCIENCE

Bonjour à toutes et à tous.
Ce blog est un lieu de rencontre pour les étudiants de secondaire, de la section bilingue - matière physique-chimie- de l´
IES de Sar de Santiago de Compostela (Galice, Espagne).Un espace dans lequel les élèves de 3º et 4º de la ESO commentent des nouvelles en relation avec la science qu´ils trouvent en langue française.
Tous les commentaires et collaborations sont les bienvenus.



Ola a todas e todos.

Este Blogue é un lugar de encontro para os estudantes de secundaria da Sección Bilingüe en Francés, na materia de Física e Química do IES de Sar de Santiago de Compostela (Galicia).

Nel as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO comentan certas novas relacionadas coa ciencia que atopan en lingua francesa.

Todos os comentarios e colaboracións son moi benvidos.


miércoles, 2 de febrero de 2011

PRODUCIR AUGA EN ZONAS ÁRIDAS





O proxecto Water Vapor é un enxeñoso sistema, presentado en IIDA, que permite crear zonas óptimas para o cultivo en rexións áridas onde as condicións climáticas non permiten o crecemento de plantas vexetais.
Trátase dun artefacto que utiliza a radiación solar e o potencial eólico como fontes de enerxía para producir auga en desertos mediante a condensación de auga extraida da humidade do aire.

Adrián Mata Garabal
CCMC- 1º BAC-D

ver mais


2 comentarios:

  1. Pareceme unha noticia moi interesante, xa que se puidesemos crear auga nas zonas áridas, poderiamos mellorar a agricultura en paises de desérticos como no Sáhara en África, e asi mellorar a calidade de vida da xente que vive en paises desérticos.

    Miguel Giadás Quintela - CMC 1º BACH D

    ResponderEliminar
  2. Quizais, mais que fabricar auga, deberiamos sermos conscientes do uso que facemos dela, pois non sei se coñecedes o dato de que a producción de tan só un quilo de carne de res supón 15.300 LITROS DE AUGA!

    Así que, aínda que si que sexa moi interesante a posibilidade de producción de auga en zonas desérticas, quizais deberiamos (o pobo occidental) reflexionar sobre algúns asuntos relacionados directamente co tema.

    Brais
    1ºD

    ResponderEliminar