BIENVENUS À CONSCIENCE

Bonjour à toutes et à tous.
Ce blog est un lieu de rencontre pour les étudiants de secondaire, de la section bilingue - matière physique-chimie- de l´
IES de Sar de Santiago de Compostela (Galice, Espagne).Un espace dans lequel les élèves de 3º et 4º de la ESO commentent des nouvelles en relation avec la science qu´ils trouvent en langue française.
Tous les commentaires et collaborations sont les bienvenus.



Ola a todas e todos.

Este Blogue é un lugar de encontro para os estudantes de secundaria da Sección Bilingüe en Francés, na materia de Física e Química do IES de Sar de Santiago de Compostela (Galicia).

Nel as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO comentan certas novas relacionadas coa ciencia que atopan en lingua francesa.

Todos os comentarios e colaboracións son moi benvidos.


martes, 22 de febrero de 2011

Solución a calvicie


O remedio contra a calvicie podería chegar por unha casualidade. Un grupo de médicos da Facultade David Geffen, na Universidade de California en San Francisco (UCLA), traballaba en como a tensión afecta á función gastrointestinal e, sen esperalo, atopou un composto químico que induce o crecemento capilar; a molécula actúa inhibindo unha hormona asociada á caída de cabelo por tensión.

O achado publicouse en PLoS One."O noso traballo mostra, en modelo murino de tensión crónica, que un tratamento de curta duración con este composto pode producir o recrecimiento de pelo", expón Million Mulugeta, profesor de enfermidades dixestivas en UCLA, que considera que isto podería abrir novas vías de tratamento da alopecia en humanos, mediante a modulación dos receptores da hormona da tensión.

En especial, a estratexia podería ser útil na perda de cabelo por tensión crónica e envellecemento.Os científicos probaron a molécula en ratos xeneticamente alterados para sobreproducir factor liberador de corticotropina (CRF).

Un grupo do Instituto Salk sintetizou o composto, o péptido astresina B, e describiu a súa capacidade para bloquear ao CRF.Nun inicio, os investigadores estudaban o efecto do bloqueo do factor na función gastrointestinal dos ratos con tensión crónica, que perderan pelo. Aos tres meses déronse conta de que non podían distinguir os ratos tratados dos non transxénicos, empregados como controis. O tratamento repoboara de pelo aos animais.

Un dato reseñable do traballo é a curta duración do tratamento: con só unha inxección diaria durante cinco días consecutivos mantívose o efecto durante catro meses (a vida media deste tipo de animais non supera os dous anos). Agora haberá que investigar se isto é extrapolable ás persoas.

Feito por: Ismael Rodríguez Cea

3 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Paréceme un tema de interese común, xa que nos tempos nos que vivimos a beleza e a mocidade eterna son puntos de preocupación na sociedade. A calvicie preocupa á mayoria da poboación masculina e por iso o descubrimento dunha cura contra a calvicie sería un gran avance no que a beleza se refire. Oxalá que descubran unha cura e deixemos no esquecemento ese medo a quedarnos calvos nalgún momento das nosas vidas. Recemos por iso.
    Ismael Rodríguez Cea

    ResponderEliminar
  3. pareceme interesante xa que hai moita xente que lle gustaria ter pelo e non pode non ai metodos para que unha vez ke caia o pelo volva crecer.
    E pareceriame impostante que atopasen unha solucion para isto xa que faria feliz a moita xente, sobre todo a persoas maiores.
    agora deberian probalo en humanos para ver se funciona e non ten efectos secundarios
    DIANA OROSA MÉNDES 1ºD

    ResponderEliminar