BIENVENUS À CONSCIENCE

Bonjour à toutes et à tous.
Ce blog est un lieu de rencontre pour les étudiants de secondaire, de la section bilingue - matière physique-chimie- de l´
IES de Sar de Santiago de Compostela (Galice, Espagne).Un espace dans lequel les élèves de 3º et 4º de la ESO commentent des nouvelles en relation avec la science qu´ils trouvent en langue française.
Tous les commentaires et collaborations sont les bienvenus.



Ola a todas e todos.

Este Blogue é un lugar de encontro para os estudantes de secundaria da Sección Bilingüe en Francés, na materia de Física e Química do IES de Sar de Santiago de Compostela (Galicia).

Nel as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO comentan certas novas relacionadas coa ciencia que atopan en lingua francesa.

Todos os comentarios e colaboracións son moi benvidos.


martes, 22 de febrero de 2011

MÁIS NEGRO QUE O NEGRO!

Unha equipa de enxeñeiros da NASA está realizando actualmente un material máis escuro que a propia cor negra e que vai axudar a que os científicos consigan realizar medicións ou observacións de obxectos astronómicos que son difíciles ou mesmo imposibles de diferenciar coma, por exemplo, planetas semellantes á Terra en órbita ao redor doutras estrelas.O material ultraescuro, baseado na nanotecnoloxía, está sendo desenvolto por unha equipa de dez expertos do Centro Goddard de Voos Espaciais da NASA, en Greenbelt, Maryland.Trátase dun fino envoltorio de nanotubos de carbono de parede múltiple, uns tubos ocos de carbono puro, aproximadamente 10.000 veces máis finos do que un cabelo humano. Os nanotubos teñen unha multitude de usos potenciais, particularmente na electrónica e no campo dos materiais avanzados, grazas as súas propiedades eléctricas únicas e á súa extraordinaria robustez. Mais nesta nova aplicación, a NASA está interesada na utilización da nanotecnoloxía para axudar a suprimir a luz errante que interfire nas medicións feitas con instrumental óptico.
O material é dez veces mellor que a pintura negra utilizada de forma habitual polos deseñadores de instrumentos da NASA para eliminar a luz errante e logra a súa utilidade grazas á súa estrutura:Os nanotubos son colocados verticalmente e estes absorben nin máis nin menos que o 99,5% da luz que incide neles.Polo que son reflectidos moi poucos fotóns, co resultado final de que a luz errante non pode reflectirse nin interferir coa luz que os científicos queren medir. O ollo humano ve o material coma o negro porque só unha minúscula fracción da luz é reflectida.

Brais Prieto Moure 1ºD

Máis información en : Scitech News

No hay comentarios:

Publicar un comentario