BIENVENUS À CONSCIENCE

Bonjour à toutes et à tous.
Ce blog est un lieu de rencontre pour les étudiants de secondaire, de la section bilingue - matière physique-chimie- de l´
IES de Sar de Santiago de Compostela (Galice, Espagne).Un espace dans lequel les élèves de 3º et 4º de la ESO commentent des nouvelles en relation avec la science qu´ils trouvent en langue française.
Tous les commentaires et collaborations sont les bienvenus.



Ola a todas e todos.

Este Blogue é un lugar de encontro para os estudantes de secundaria da Sección Bilingüe en Francés, na materia de Física e Química do IES de Sar de Santiago de Compostela (Galicia).

Nel as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO comentan certas novas relacionadas coa ciencia que atopan en lingua francesa.

Todos os comentarios e colaboracións son moi benvidos.


domingo, 29 de mayo de 2011

CEN ANOS DE ATOMO NUCLEAR

Todo comezou en maio de 1911, é dicir hai cen anos. Un dos grandes científicos da historia da ciencia, Ernest Rutherford, descubriu de forma inesperada que o átomo era algo moi diferente dos que se cría naquel momento.
Ese descubrimento daría lugar a cambios no futuro inimaxinables cando acababa de iniciarse a segunda década do século XX. De feito, el non foi quen de prever eses cambios e morreu antes de que fosen unha realidade. Estou a falar das armas nucleares, os reactores nucleares e a medicina nuclear, entre outros.


Por certo, o azar xogou aquí un papel importante. Pero non nos enganemos, en Ciencia a sorte axuda a quen a merece.

No hay comentarios:

Publicar un comentario