BIENVENUS À CONSCIENCE

Bonjour à toutes et à tous.
Ce blog est un lieu de rencontre pour les étudiants de secondaire, de la section bilingue - matière physique-chimie- de l´
IES de Sar de Santiago de Compostela (Galice, Espagne).Un espace dans lequel les élèves de 3º et 4º de la ESO commentent des nouvelles en relation avec la science qu´ils trouvent en langue française.
Tous les commentaires et collaborations sont les bienvenus.



Ola a todas e todos.

Este Blogue é un lugar de encontro para os estudantes de secundaria da Sección Bilingüe en Francés, na materia de Física e Química do IES de Sar de Santiago de Compostela (Galicia).

Nel as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO comentan certas novas relacionadas coa ciencia que atopan en lingua francesa.

Todos os comentarios e colaboracións son moi benvidos.


lunes, 30 de mayo de 2011

INMADUREZ ATA OS 40.


A investigación podería explicar por que moitos adultos, que xa peitean canas, ás veces compórtanse como adolescentes, teñen mal humor sen vir a conto ou rabietas cando non se saen coa súa. Científicos británicos aseguran que o cerebro humano continúa desenvolvéndose logo da infancia e a puberdade, e que non alcanza a súa madurez completa ata os 30 ou 40 anos.
A cortiza prefrontal é segundo os científicos, a área do cerebro que experimenta maior período de desenvolvemento. Esta zona é importante na planificación e toma de decisións, e tamén controla a conciencia social, a empatía, a comprensión e as relacións con outras persoas, ademais de diferentes trazos da personalidade. É a parte do cerebro «que nos fai humanos», xa que existe unha estreita relación entre este área do cerebro e a personalidade. Os escáneres cerebrais mostran que a cortiza prefrontal continúa cambiando a súa forma ata ben entrados os 30 ou os 40 anos.
Lorena Puente 1º Bach D.

5 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Paréceme unha noticia moi interesante , posto que moitas veces asociamos unha idade á madurez ou á falta desta , sen saber que non depende da persoa se non de como ben di esta entrada, da evolucion dunha parte do seu cerebro. Esta noticia xustifica moitas actitudes de adultos que volven a casa enfadados por que o seu partido non gañou unha champións ou mesmo que non saben diferenciar a súa vida persoal co traballo. Gustoume moito esta noticia.
    Lorena Rey 1º D

    ResponderEliminar
  3. Pareceme unha noticia bastante interesante , xa que esto explica moitas actitudes de algunhas personas ''maduras'', para que despois se fale dos adolescentes que son inmaduros pero tamen podemos ver segun esta noticia que non so os xoves son inmaduros , se non que por cuestions mentais podese non madurar.
    Adrián Mata Garabal

    ResponderEliminar
  4. Gústame esta noticia, xa que explica moitos dos comportamentos da xente que nos rodea na nosa vida cotiá, hai inmaturos de todas as idades, e isto é unha boa explicacion para entendelo, nunca asociara a madurez co desarollo dunha parte do cerebro , e érame dificil de entender que unha persoa con 30 anos, por exemplo, tivese actitudes similares ás dun adolescente. Paréceme moi interesante esta noticia.
    Diana Orosa 1ºD

    ResponderEliminar
  5. E unha noticia mui curiosa, isto esplica algúns comportamentos dos adultos.
    Ainda que penso que non todos os seus comportamentos se deban a esa parte do cerebro que esta madurando, se non porque hay algunhas persoas que son asi dende sempre.
    Bárbara Iglesias 1ºD

    ResponderEliminar