BIENVENUS À CONSCIENCE

Bonjour à toutes et à tous.
Ce blog est un lieu de rencontre pour les étudiants de secondaire, de la section bilingue - matière physique-chimie- de l´
IES de Sar de Santiago de Compostela (Galice, Espagne).Un espace dans lequel les élèves de 3º et 4º de la ESO commentent des nouvelles en relation avec la science qu´ils trouvent en langue française.
Tous les commentaires et collaborations sont les bienvenus.



Ola a todas e todos.

Este Blogue é un lugar de encontro para os estudantes de secundaria da Sección Bilingüe en Francés, na materia de Física e Química do IES de Sar de Santiago de Compostela (Galicia).

Nel as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO comentan certas novas relacionadas coa ciencia que atopan en lingua francesa.

Todos os comentarios e colaboracións son moi benvidos.


martes, 4 de enero de 2011

2011. Ano Internacional da Química



2011 é o Ano Internacional da Química, a celebración a nivel mundial dos logros da Química e a súa contribución ao benestar da Humanidade.
A declaración de 2011 como Ano Internacional da Química é unha iniciativa da IUPAC (Unión Internacional de Química Pura e Aplicada, nas súas siglas en inglés) e a UNESCO, e foi decretada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas o 30 de decembro de 2008.
Baixo a Lema “Chemistry: our life, our future” (“Química – a nosa vida, o noso futuro”), as metas desta conmemoración son: incrementar a apreciación pública da Química como ferramenta fundamental para satisfacer a necesidade da sociedade, promover o interese pola química entre os mozos, e xerar entusiasmo polo futuro creativo da química.
O ano 2011 coincide co centenario do Premio Nobel de Química outorgado a Marie Curie e da fundación da Asociación Internacional de Sociedades Químicas. A conmemoración salienta a contribución da química como ciencia creativa esencial para mellorar a sustentabilidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esenciais da Humanidade, como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía ou o transporte.
Ao longo de 2011 celebraranse en todo o mundo actividades conmemorativas do Ano Internacional da Química, que incidirán en diversos ámbitos e estarán dirixidas a públicos de todas as idades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario