BIENVENUS À CONSCIENCE

Bonjour à toutes et à tous.
Ce blog est un lieu de rencontre pour les étudiants de secondaire, de la section bilingue - matière physique-chimie- de l´
IES de Sar de Santiago de Compostela (Galice, Espagne).Un espace dans lequel les élèves de 3º et 4º de la ESO commentent des nouvelles en relation avec la science qu´ils trouvent en langue française.
Tous les commentaires et collaborations sont les bienvenus.



Ola a todas e todos.

Este Blogue é un lugar de encontro para os estudantes de secundaria da Sección Bilingüe en Francés, na materia de Física e Química do IES de Sar de Santiago de Compostela (Galicia).

Nel as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO comentan certas novas relacionadas coa ciencia que atopan en lingua francesa.

Todos os comentarios e colaboracións son moi benvidos.


sábado, 15 de enero de 2011

CAMBIOU O TEU SIGNO DO ZODIACO?

Por mor do movemento de precesión da Terra a posición das estrelas ten variado significativamente durante os últimos dous mil anos. Por exemplo, a estrela que antes sinalaba cara  o  Norte (a “Estrela Polar”) era Thuban da constelación Dragón, agora é a Cynosura da Osa Menor e no futuro será Vega de Lira.
Por outra banda, agora temos que considerar trece costelacións en troques das doce que foron asignadas na antigüidade. O novo signo chámase OFIUCO
Ademais, o número de días que o Sol se atopa e cada unha delas tamén ten cambiado, de forma que hai que reasignar moitos “signos zodiacales”. Se premes aquí atoparás os novos intervalos e así poderás comprobar se segues a ter o mesmo signo ou non.
Por suposto que os astrólogos (non confundir cos astrónomos ou astrofísicos), eses charlatáns que pretenden predecir o futuro en base ao signo de cada quen , non queren saber nada disto. Deixo ao avispado lector que saque as conclusións pertinentes no que se refire a videntes, mediums, bruxos e meigas, etc.
Ver nova.

No hay comentarios:

Publicar un comentario