BIENVENUS À CONSCIENCE

Bonjour à toutes et à tous.
Ce blog est un lieu de rencontre pour les étudiants de secondaire, de la section bilingue - matière physique-chimie- de l´
IES de Sar de Santiago de Compostela (Galice, Espagne).Un espace dans lequel les élèves de 3º et 4º de la ESO commentent des nouvelles en relation avec la science qu´ils trouvent en langue française.
Tous les commentaires et collaborations sont les bienvenus.



Ola a todas e todos.

Este Blogue é un lugar de encontro para os estudantes de secundaria da Sección Bilingüe en Francés, na materia de Física e Química do IES de Sar de Santiago de Compostela (Galicia).

Nel as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO comentan certas novas relacionadas coa ciencia que atopan en lingua francesa.

Todos os comentarios e colaboracións son moi benvidos.


martes, 18 de enero de 2011

UN TEST PRELIMINAR PARA DETECTAR O CANCRO.

Uns científicos británicos, traballando para a compañía Oncimune, con sede no Reino Unido, presentarán a semana que ven, na maior reunión anual de oncoloxía que se celebra en Chicago, un traballo preliminar prometedor. Trata dunha análise de sangue que detecta anticorpos específicos dos antíxenos das células canceríxenas presentes no soro de persoas ata cinco anos antes de que a enfermidade dea algún tipo de manifestación.
En calquera caso, a información publicada no rotativo londinense "The Times" non detalla nin a sensibilidade nin a especificidade da proba.
 
Miguel Giadás Quintela CCMC-1º BAC-D

2 comentarios:

  1. Paréceme unha noticia moi interesante, xa que o cancro é unha das principais causas de falecemento na actualidade.

    ¿ A quén non lle gustaría coñecer,cinco anos antes,que vai padecer un cancro?

    Se a túa resposta é afirmativa, cunha simple análise de sangue poderías detectalo e despois porlle remedio.

    ADRIANA IGLESIAS CMC 1º D -BACH

    ResponderEliminar
  2. Sería un gran paso que cun test preliminar se detectase un cancro con tanta antelación como son 5 anos.. Como consecuencia positiva a sabelo con antelación sería a mayor eficacia en porlle remedio, xa que a maior parte dos problemas dun cancro son de non collelos a tempo, e que o tumor está xa moi desenvolto.
    Lorena Puente Montoiro 1ºD

    ResponderEliminar