BIENVENUS À CONSCIENCE

Bonjour à toutes et à tous.
Ce blog est un lieu de rencontre pour les étudiants de secondaire, de la section bilingue - matière physique-chimie- de l´
IES de Sar de Santiago de Compostela (Galice, Espagne).Un espace dans lequel les élèves de 3º et 4º de la ESO commentent des nouvelles en relation avec la science qu´ils trouvent en langue française.
Tous les commentaires et collaborations sont les bienvenus.



Ola a todas e todos.

Este Blogue é un lugar de encontro para os estudantes de secundaria da Sección Bilingüe en Francés, na materia de Física e Química do IES de Sar de Santiago de Compostela (Galicia).

Nel as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO comentan certas novas relacionadas coa ciencia que atopan en lingua francesa.

Todos os comentarios e colaboracións son moi benvidos.


martes, 4 de enero de 2011

Algunhas predicións para os próximos 25 anos


Unha vacuna contra a SIDA
Nos últimos 25 años téñense conseguido grandes fitos no mundo da medicina. Téñense erradicado enfermidades como a viruela ou a polio que antes causaban millóns de mortos. Pero non unicamente a Virus da Inmunodeficiencia Humana será controlado, tamén se poderán detectar de forma máis precoz e eficaz enfermiades como a tuberculose ou a malaria.

A información, directamente do cerebro á máquina
No ano 2030, os seres humanos haberemos desenvolvido tecnoloxías capaces de trasladar directamente desde o cortex cerebral información a unha máquina. David Eagleman, neurocientífico e escritor, asegura que é impensable que nos próximos anos sigamos utilizando un teclado para trasladar datos a un computador.

Privacidade, ese gran descoñecido
Debido ao abaratamento nas tecnoloxías e ao avance na nanotecnoloxía, nos próximos anos non se respectarán os límites tradicionais sobre a vida privada. As empresas saberán todo sobre nós e convidarannos a realizar negocios utilizando esta información a traves dun servizo publicitario personalizado. Ademais, o software libre será o norma.

Roupa intelixente
A roupa será máis personalizada e que, igual que creamos a nosa identidade en Internet, así crearemos a nosa propia imaxe.

Redefinir a natureza
Co crecemento da poboación humana moitas especies desaparecerán e a natureza tal e como a coñecemos desaparecerá dalgúns lugares.

A tecnoloxía ao servizo do deporte
A pesar da resistencia de moitos, a globalización no deporte continuará o que significará cambios no calendario das competicións para adaptarse ás distintas zonas horarias do planeta. Ademais, as novas tecnoloxías chegarán ás pistas e estadios e cousas como os hologramas serán habituais para achegar o espectáculo ao público.

Máis información no xornal británico The Guardian.

No hay comentarios:

Publicar un comentario