BIENVENUS À CONSCIENCE

Bonjour à toutes et à tous.
Ce blog est un lieu de rencontre pour les étudiants de secondaire, de la section bilingue - matière physique-chimie- de l´
IES de Sar de Santiago de Compostela (Galice, Espagne).Un espace dans lequel les élèves de 3º et 4º de la ESO commentent des nouvelles en relation avec la science qu´ils trouvent en langue française.
Tous les commentaires et collaborations sont les bienvenus.



Ola a todas e todos.

Este Blogue é un lugar de encontro para os estudantes de secundaria da Sección Bilingüe en Francés, na materia de Física e Química do IES de Sar de Santiago de Compostela (Galicia).

Nel as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO comentan certas novas relacionadas coa ciencia que atopan en lingua francesa.

Todos os comentarios e colaboracións son moi benvidos.


lunes, 10 de enero de 2011

FÍSICA NO DEPORTE.


A FÍSICA DO BEISBOL.  Adrián Mata Garabal (CCMC-1º BAC-D)

No béisbol o “pitcher” (lanzador) encárgase de lanzar a pelota cara ao “home” ( lugar onde esta o bateador)  e tenta que este non golpee a pelota. Para iso dá efectos á pelota  e tenta despistar ao bateador con eles .
Todos estes cambios que fai a pelota débense a un fenómeno chamado ‘’efecto Magnus’’,  denominado así en honra ao físico e químico alemán Heinrich Gustav Magnus (1802-1870), segundo o cal a rotación dun obxecto afecta á traxectoria do mesmo a través dun fluído, en particular, o aire. (Ver todo o traballo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario