BIENVENUS À CONSCIENCE

Bonjour à toutes et à tous.
Ce blog est un lieu de rencontre pour les étudiants de secondaire, de la section bilingue - matière physique-chimie- de l´
IES de Sar de Santiago de Compostela (Galice, Espagne).Un espace dans lequel les élèves de 3º et 4º de la ESO commentent des nouvelles en relation avec la science qu´ils trouvent en langue française.
Tous les commentaires et collaborations sont les bienvenus.



Ola a todas e todos.

Este Blogue é un lugar de encontro para os estudantes de secundaria da Sección Bilingüe en Francés, na materia de Física e Química do IES de Sar de Santiago de Compostela (Galicia).

Nel as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO comentan certas novas relacionadas coa ciencia que atopan en lingua francesa.

Todos os comentarios e colaboracións son moi benvidos.


lunes, 10 de enero de 2011

A ORIXE DA LINGUAXE


A ORIXE DA LINGUAXE : A PROCURA DO QUE NOS FAI REALMENTE HUMAN@S
Brais Prieto Moure (CCMC-1º BAC-D)

Todas as sociedades humanas teñen lingua. A antropoloxía revela que non hai tribo, por primitiva que for, sen lingua. Logo:  a linguaxe é unha propiedade biolóxica (Hipótese).
No ano 1859 o libro de Charles Darwin A orixe das especies formulaba a Teoría da Evolución con que explicaba a diversidade da vida no planeta. Con todo, ficaban algunhas cuestións relevantes sen resposta. A primeira, relativa ao mecanismo de transmisión hereditaria, foi resolta de xeito contundente despois de moitas investigacións posteriores. Mesmo para a orixe da vida contamos hoxe con hipóteses plausibles. A máis difícil de explicar, no entanto, parece ser a orixe da linguaxe humana. (Ver todo o traballo).

No hay comentarios:

Publicar un comentario